Na mañán de hoxe venres, coa presencia da Alcaldesa e do Tenente Alcalde na presentación oficial celebrada no salón de actos da Biblioteca pública municipal, deron comezo de forma oficial as actividades da segunda edición do Programa Integrado de Emprego EMPREGAMARÍN, polo que o Concello de Marín ten concedida unha axuda por importe de 112.783,98 € por parte da Consellería de Traballo e Benestar, e que contará novamente cun total de 60 participantes pertencentes a colectivos aos que vai orientado o programa, como son os traballadores/as desempregados/as inscritos/as como demandantes de emprego nos Servizos Públicos de Emprego menores de 30 anos, persoas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción (RAI), ou persoas beneficiarias da axuda do programa de recualificación profesional (PREPARA).
O vindeiro lúns día 5 comezarán as accións formativas de Actividades auxiliares de almacén, que se celebrará en sesións matinais de luns a venres nas instalacións da finca de Briz, e a de Electricidade e hidráulica básica, que terá lugar en horario de tarde nas instalacións do centro de formación de Cetmar, A Aixola. Ambas accións rematarán a finais de novembro, momento no cal o alumnado comezará a participar en accións de intermediación laboral.
A finalidade última do programa integrado de emprego Empregamarín II é a de posibilitar a integración laboral de persoas demandantes de emprego con dificultades para acceder a unha ocupación no mercado labora