Día 1 de febreiro, luns
20:00 h: Inauguración da Exposición fotográfica “Entroido”, no Ateneo Santa Cecilia
Día 5 de febreiro, venres
20:00 h: Conferencia “Gastronomía do Entroido”, por Guillermo Campos Piñón, no Ateneo Santa Cecilia
Dia 6 de febreiro, sábado
15.30 h: Inscrición Desfile infantil na alameda Rosalía de Castro, no palco da música.
16.30 h: Desfile infantil, polas seguintes rúas, rúa Real, praza do Reloxo, Porta do Sol, Doutor Touriño, avda. Jaime Janer. Ao rematar haberá unha festa infantil. No caso de mal tempo, o desfile e a festa cancelaranse.
Dia 7 de febreiro, domingo
10.30 h: CICLOMARCHA, con percorrido urbano, viario de praias ata Seixo, regresando á alameda para escoitar o pregón. Poderase ir disfrazado, sempre e cando non afecte a seguridade do ciclista.
13:15h : No palco da Musica, coa presenza Don Dego e Dona Urraca e a Corporación acompañados por “Os Jalácticos dárase o Pregón pola “Comparsa Os da Caña”.
17.00 h: Gran Desfile de disfraces e carrozas, que comeza na avenida de Ourense e remata no parque Eguren. A concentración dos/das participantes será ás 16.00 h na praza do Regueiro, diante de “Casa Pilán”. Desfilarán polas seguintes rúas: praza do Regueiro, avda. de Ourense, praza de España, rúa Almuíña, avda. Jaime Janer, rúa Concepción Arenal, para rematar no parque Eguren. A entrega de premios será a continuación na praza do reloxo. (No caso de mal tempo, trasladase ao mércores)
Día 8 de febreiro, luns
12.00 h: Festa do Merengue na Lameiriña, organizada por “Amigos dos Rapaces”.
16:45 h. Festa infantil con verbena, na Lameiriña, organizado por “Amigos dos Rapaces”.
Día 9 de febreiro, martes
17:00h: Festa Infantil “Concello de Marín” no Multiusos. Maxía, música, animación, sorteos e gardarroupa…. e ás 19:00h haberá unha chocolatada.
20.00 h: Concurso de orellas e filloas organizado polo Ateneo Santa Cecilia.
Día 10 de febreiro, mércores
17.00 h: Velatorio no palco da música.
20:00 h: Enterro da Sardiña: saída pola rúa Almuíña, praza de España, rúa Ejército y Marina, rúa da Ponte, rúa do Sol ata chegar á praza do reloxo, onde terá lugar o pregón. Ao rematar: saída pola rúa Real, rúa Almuíña, praza de España e Despedida ao Mar.
Dia 13 de febreiro, sábado
17:00 h: Entroido en Seixo, organizado pola Asociación Cultural Ronsel, O desfile sairá as 17 horas dende as inmediacións da gasolineira e rematará na Alameda de Seixo, onde a partires das 18 horas comezará o baile de disfraces amenizado polo dúo Karamelo, tamén haberá degustación de filloas
Dia 14 de febreiro, domingo
12:00h: O bolo do Pote, Urralas olas e máis xogos populares, na alameda Rosalía de Castro, organizado pola “Asoc. Cultural Fentos e Froumas” e Urralas Olas e xogos populares a cargo da Asoc. Cultural de Santo Tomé de Piñeiro. Ameniza o grupo folklórico Anxuíña .
Actuación das “Madamas”
Dia 21 de febreiro, domingo
Entroido en Santomé.
Día 6 de marzo, domingo
17.00 h. Entroido en San Xulián, organizado por “Os de A Caña”. Saída desde S. Pedro ata o Igrexario.