Programa de actividades de Marín de cara á conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional de Loita Contra a Violencia de Xénero

Programa de actividades de Marín de cara á conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional de Loita Contra a Violencia de Xénero

10 novembro 2021

Todos os días contra a Violencia de Xénero. Así se inicia a axenda preparada polo Concello de Marín, a través do Centro de Información á Muller, para o 25 de novembro, un día no que reivindicar o dereito a vivir sen medo de todas as mulleres e que na vila terá diversas actividades destacadas:

1.- Formación e sensibilización en igualdade

Desde o CIM poñen a disposición da cidadanía unha actividade de formación e prevención da violencia de xénero organizada polo Concello de Marín, con temas como a igualdade, o sexo e o xénero, a división dos espazos ou as novas masculinidades.

Pode consultarse a través da plataforma online do www.cimdemarin.es.

2.- Actividades para os centros educativos do municipio:

  • A maleta viaxeira, unha iniciativa da Subdelegación do Goberno con material que axudará á reflexión, á sensibilización e á concienciación sobre a violencia de xénero, a igualdade, os estereotipos e os roles de xénero.
  • Charla informativa sobre agresións sexuais e violencia, unha acción cofinanciada pola Secretaría Xeral de Igualdade e Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero, tratando contidos sobre a cultura da violación, o consentimento sexual ou a violencia sexual dixital, entre outros temas, dando ferramentas ao alumnado da ESO, ciclos e Bacharelato para identificar estas conductas.
  • Pílulas audiovisuais contra a violencia de xénero: material cedido pola Confederación Nacional de Mulleres en Igualdade, no que se tratan cinco experiencias cotiás a modo de curtametraxes para a tomar de conciencia sobre relacións de parella abusivas adolescentes.

3.- Material de sensibilización e concienciación dispoñible para toda a cidadanía:

  • Cadernos de anotación en conmemoración do 25N, con recursos necesarios, teléfonos de interese e contactos relacionados coa loita contra a violencia machista a nivel local e estatal
  • Adhesivos de efecto espello para ser colocados en escaparates, ventás e portas acristalAdas, nos que se recolle información de recursos necesarios para loitar contra a violencia de xénero e apps de utilidade nesta materia.

4.- Exposición 15 anos de historia do Consello Municipal da Muller

  • Nesta mostra, que se poderá ver no vestíbulo do Concello do 22 ao 28 de novembro, repasarase a traxectoria do organismo municipal, que traballa en prol da igualdade e que realizar un labor importante, co obxectivo futuro de abrirse máis á cidadanía.

5.- Premios Lazo Violeta e acto institucional

  • O acto institucional será o 25N ás 12.30 horas no Salón de Plenos, coa lectura da declaración institucional, que se aprobará mañá no Pleno da Corporación e a entrega do premio ao colectivo de mulleres maiores. A homenaxe apoiarase na Residencia da Terceira Idade de Marín.

6.- Vídeo “Mulleres invisibles, realidades visibles”

  • O mesmo día do acto institucional proxectarase a testemuña real da violencia exercida sobre as mulleres maiores, realizada en formato audiovisual polo Concello. Servirá para dar voz á realidade que sofren moitas mulleres maiores, en relacións de parella abusivas cronificadas no tempo.

 

Anterior Marín consegue a valoración positiva da Xunta e do Estado para o Plan de Sostibilidade Turística

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados