A Concello de Marín, como cada ano, vai levar a cabo o PROGRAMA DE CULTURA E COÑECEMENTO DO ENTORNO para os centros educativos públicos e privado concertados de Educación Infantil e Educación Primaria, mediante a posta en disposición dos Centros dun importe para a contratación de empresas de autobuses para desprazamento dos menores.
Con dito programa dase cumprimento á Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, que fixa no artigo 13 coma un dos obxectivos da Educación Infantil, “b) Observar y explorar su entorno familiar, natural y social”, e no artigo 17 coma un dos obxectivos da educación primaria, “h) Conocer y valorar su entorno natural, social y cultural, así como las posibilidades de acción y cuidado del mismo”.
E ademais para realizar actividades para fomentar o uso da lingua galega entre os centros educativos, por exemplo para asistir ao Correlingua.
O importe adxudicado é de 250€, agás para os centros con menos de 100 alumnos que é de 150€, o que fai un total de 2.200€.
CENTRO EDUCATIVO |
IMPORTE |
EEI Nosa Señora do Carme |
150€ |
EEI O Grupo |
250€ |
CEIP de Ardán |
150€ |
CEIP do Carballal |
250€ |
CEIP da Laxe |
250€ |
CEP de Sequelo-Marín |
250€ |
CEIP de Seixo |
250€ |
CPR La Inmaculada |
250€ |
CPR San Narciso |
250€ |
Escola infantil A Galiña Azul |
150€ |
Con este PROGRAMA quérese promover que o alumnado participe nalgunha visita que de seguro aproveitará para o desenvolvemento das súas capacidades.