Presentación do MUPI LED para circuíto de publicidade no Comercio Local de Marín

Presentación do MUPI LED para circuíto de publicidade no Comercio Local de Marín

A concelleira de Turismo e Comercio Dª.Cristina Acuña e o Director Xerente de Estrela de Marín D.Yonathan Carreira, presentaron na alameda “Rosalía de Castro”, o MUPI LED da asociación.

A instalación deste MUPI LED representa unha oportunidade única para o comercio local, no reto de mellorar a comunicación publicitaria na contorna urbana. Este tipo de dispositivo ofrece unha maior visibilidade e capacidade de captación da atención do público, grazas á súa luminosidade e capacidade para mostrar contido dinámico.

Ademais, os MUPI LED, conectados con conexión 4G, permiten a actualización de contido en tempo real, o que brinda flexibilidade e adaptabilidade para mostrar mensaxes publicitarias relevantes e actualizados. A instalación deste dispositivo abrirá novas oportunidades de comunicación para as marcas comerciais locais, xerando maiores ingresos e mellorando a experiencia visual dos transeúntes.

O MUPI LED instalouse, grazas a unha subvención da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación para o Programa de modernización do comercio: Fondo Tecnolóxico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. 

Desde o Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, queremos agradecer a colaboración do Concello, especialmente da brigada de electricidade e de obras, que se encargaron dos traballos de instalación do dispositivo.

Anterior Marín lanza unha campaña de promoción da súa administración dixital, a ferramenta que democratiza os procesos administrativos locais

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados