Presentación de Crónicas Marinenses

Presentación de Crónicas Marinenses

O Concello de Marín consegue mudar os espazos de publicidade comercial por espazos de educación en valores.
Cando o contrato da explotación das marquesiñas e mupis rematou, o Concello coa colaboración da Fundación Juan XXIII, decidiu quedar coa explotación e transformar un espazo pensado para ser utilizado cun obxectivo estrictamente comercial, en un lugar cun fin social.
Para iso contouse co ilustrador vigués, Kiko da Silva, que é un experto en ensinar a través do humor que hai outra forma de facer as cousas.
Segundo o propio Kiko da Silva, foi un reto conseguir, ademais de transmitir unha mensaxe social, mostrar lugares de Marín, que algúns son moi coñecidos pero outros non tanto.

Así Kiko fixo CRÓNICAS MARINENSES en 3 viñetas, onde a igualdade é o principal eixo, tocando temas como a discapacidade e a igualdade, para dar visibilidade a situacións que as veces pasan desapercibidas; a concienciación cívica con respecto aos aparcadoiros das persoas con mobilidade reducida, e a discapacidade e o paro ou a dificultade para atopar empleo.
Estas 3 viñetas teñen de fondo imaxes de Marín como o entorno do Edificio do Concello, a rotonda das Anclas ou o Miradoiro da Barriada de Mogor.
A intención é ir ampliando máis temas con novas viñetas, e lograr así facer un recopilatorio en forma de cómic ou exposición itinerante.

Anterior Escolas Deportivas 2018/19

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados