Presentación Concentración Moteira. 1,2 E 3 de Xullo.
O primeiro fin de semana de Xullo, os dia 1.2 e 3 Free Bones Bikers, coa colaboración do concello de Marín, organiza a XI concentración moteira villa de Marín.
Será unha fin de semana onde os seus organizadores propondrán unha variedade de actividades a tódolos moteiros e público en xeral que se achegue a Marín.
Dende o venres pola noite, con concertos dos grupos Green Envy e Desconverto, ata o domingo coa entrega de trofeos.
Tamén o sábado haberá unha exhibición de Stunt a cargo do rider portugués ACUKO, o cal repetirá acrobacias o domingo pola mañán.
O sábado tamén haberá distintos xogos e actividades durante toda a xornada , ademáis de celebrarse o 1º Show Bike Free bones, que consiste na exhibición – concurso de motos transformadas en maior ou menor medida, dotándoas dunha personalidade única.
Os organizadores contan coa presenza de preparadores tanto nacionais como internacionais, con premios en dúas categorías: 200 € a elixida mellor Custom e 200 € a elexida a mellor Café racer.
Durante toda a fin de semana, espérase a chegada de máis de 2000 motos cos seus entusiastas pilotos e acompañantes, os cales se poderán inscribir ó evento por 15 €, incluindo caña de benvida, cea do sábado, almorzo do domingo, camiseta conmemorativa, ademáis de participar nos distintos sorteos que levarán a cabo e a degustación de aperitivos que realizaránse a diversas horas da mañán e da tarde.
As ceas e almorzos para os inscritos serán ofrecidos , como en anos anteriores, polos locais hostaleiros da vila concertados co evento.
Os organizadores tamén puxeron á venda, rifas para o sorteo de 10 tarxetas de combustible de 100€ cada unha, xa dispoñibles en varios locais hostaleiros de Marín e arredores.