Posta a punto de 18 parques infantís de Marín para preparar o seu futuro uso de xeito seguro

Posta a punto de 18 parques infantís de Marín para preparar o seu futuro uso de xeito seguro

O Concello de Marín segue traballando, con todas as medidas preventivas de seguridade frente a crise sanitaria, na posta a punto daquelas zonas que, cando os prazos da desescalada así o conveñan, volver ser utilizadas pola cidadanía, como os parques infantís.

Esta semana comezáronse as actuacións nalgúns dos 18 parques nos que está previsto actuar, “que son, dos 26 que temos en total, os que máis uso teñen e, polo tanto, os que máis desperfectos presentan”, asegurou esta mañá a concelleira de Turismo e Parques, Cristina Acuña.

Entre os traballos a realizar, destacan a reparación de elementos de xogo danados ou a súa renovación naqueles casos nos que non sexa posible reparar; a limpeza dos pavimentos, tanto de corcho como de céspede artificial; o tratamento da madeira e dos materiais metálicos e o chorreo para limpar todas as superficies.

A concelleira afirma que este chorreo non é substitutivo das “limpezas específicas e regulares de desinfección” que se realizarán cando chegue o momento de abrir de novo ao público estes parques.

Anterior O Concello intensifica a limpeza de espazos públicos coa vista posta no domingo

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados