Portocelo inaugura unha zona de sombra para persoas con mobilidade reducida

Portocelo inaugura unha zona de sombra para persoas con mobilidade reducida

28 xuño 2021

A praia de Portocelo xa conta cun novo espazo de sombra pensado para persoas con algún tipo de mobilidade reducida. A concelleira de Turismo, Cristina Acuña, levaba varios meses traballando nesta iniciativa para que estivese lista de cara a este verán.

A estrutura está realizada en madeira e conta cunha tea ecolóxica na súa carpa, tratando de armonizar coa contorna. Ata ela pode chegarse a través do pasarenas colocado ao carón do muro da praia, polo que é perfectamente accesible cunha cadeira de rodas.

Facer as praias cada vez máis accesibles, con servizos que faciliten o seu uso a todos e todas é un dos obxectivos do Goberno local, que cada ano trata de mellorar os servizos que se prestan nos areias para revalidar algúns dos certificados ambientais máis importantes, como o das Bandeiras Azuis.

Anterior Jose Francisco Gil Dopazo, pregoeiro das Festas do Carme

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados