Poñer en valor o Lago de Castiñeiras cunha mellora integral dos seus sendeiros

Poñer en valor o Lago de Castiñeiras cunha mellora integral dos seus sendeiros

Os nosos recursos naturais e a nosa contorna son os elementos fundamentais de vertebración do turismo sostible e de calidade que desde o Goberno local de Marín se quere potenciar, poñendo especial énfase en espazos tan emblemáticos e de riqueza medio ambiental como é o caso do Lago Castiñeiras.

Por iso, o Concello de Marín encargou un proxecto coa intención de mellorar o estado dos sendeiros do Lago de Castiñeiras, por ser o principal parque periurbano do Concello, que conta con varios elementos de singular valor natural, histórico e aqueolóxico.

O que se procura é que estes camiños poidan ser utilizados polas persoas que acuden ao parque, para o que se levarán a cabo traballos de mellora e mantemento, así como de reforzo da sinalización.

Ademais, como actuación complementaria, plantéxase a limpeza do leito do rego Castiñeiras ao seu paso polo parque para facilitar o desove dos peixes. Na década dos 50, como se pode ler no proxecto, creáronse unha serie de escalas ou frezaderos para facilitar a cría das troitas. A competencia coas carpas, sapoconchos de Florida e os caranguexos americanos reduciron a poboación

desta expecie nos últimos anos ata case estinguilos, polo que precisamente, nos últimos anos leváronse a cabo distintas repoboacións, que agora, coa limpeza destes espazos, quere faciltar a cría de troitas.

Por outra banda, co obxectivo de ordenar os usos que se fan deste enclave, ao que moita xente accede en coche, deseñarase un aparcadoiro disuasorio nas antigas instalacións do campo de tiro, sacándo deste xeito o maior número de vehículos posible da contorna do parque. Terá unha capacidade de 128 prazas.

Tal e como se pode ler na memoria do proxecto, “os sendeiros son utilizados por un gran número de visitantes e de habitantes da zona, ademais de servir como vía de acceso a diferentes paraxes de interese tanto turístico como natural”. E por outra banda, no que respecta á actuación destinada á fauna, o proxecto resalta que as poboacións piscícolas do espazo “son dun valor moi importante, por iso na mellora da contorna tamén se decidiu valorar a mellora das condicións de cría para os peixes”.

O orzamento que se estipula para a realización deste plan ascende a máis de

54.000 euros.

Anterior <strong>O Proxecto Legado de escritura creativa impartirase en 9 sesións para recuperar a memoria familiar</strong>

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados