Plan de tráfico especial do Concello de Marín da saída da terceira etapa da Volta España

Plan de tráfico especial do Concello de Marín da saída da terceira etapa da Volta España

lavueltatrafico2

A praza de España, Avd. Ourense e Almuíña serán o eixe principal da saída

Con motivo da saída da terceira etapa da Volta Ciclista España, que comeza o próximo sábado na provincia de Ourense e que sairá dous días máis tarde, luns 22 de agosto, desde Marín cara a Dumbría, produciranse restricións no tráfico, tanto no casco urbano e Praza de España, como nas vías perimetrais.

O eixe principal da etapa será a Praza de España e arredores do triángulo Farola-Escola Naval- Porto, onde as restricións comezarán o domingo 21 desde as 16 horas, onde nin se poderá aparcar nin estacionar ata as 16 horas do luns 22.

O das vías do percorrido neutralizado, Praza de España, Rúa do Forte,Tiro Naval Janer, Rúa da Ponte, Jaime Janer, Almuíña, Praza de España, Avd. de Ourense, está previsto para as 12:30 horas ata aproximadamente as 13:30 horas, xa que a saída neutralizada será ás 13:06. O tramo da Avd. de Ourense que transcorre desde a Rúa Estrada, Praza de España, Almuíña e Jaime Janer, serán as que sufran o maior tempo de restrición, xa que o corte de tráfico está previsto desde as 10,30 h ata as 13:30 horas. A Policía Local habilitará puntos de saída de determinadas zonas segundo se detalla no plano adxunto.

Ao longo do percorrido neutralizado, prohibirase o estacionamento de vehículos, excepto no tramo da Avda.. de Ourense que vai desde o edificio do Concello ata Marqués de Valterra onde si se poderá estacionar, aínda que os vehículos non se poderán mover ata o remate da saída, igual que na entrada e saída dos garaxes dos residentes xa que durante unha hora (12:30 a 13:30) non poderán utilizar o vehículo.

CARGA E DESCARGA /Parada de Autobuses
A carga e descarga do próximo luns nos comercios e zonas afectadas polo percorrido, tamén terá restricións, xa que pola mañá só se permitirá ata as 10 horas, volvendo ao seu horario habitual na xornada de tarde. Igual que na parada principal de autobuses situada na Avd. de Ourense que a partir das 10 horas trasladarase para a marquesiña situada enfronte do edificio do Concello na mesma Avd. de Ourense, quedando pechadas as paradas de Tiro Naval, Ría da Ponte e Concepción Arenal (igrexa), non existindo servizo durante as 12.30 a 13:30

RECOMENDACIÓNS
Desde a concellaría de tráfico, mobilidade e seguridade, comezou no día de hoxe un importante plan de comunicación aos veciños e establecementos, coa instalación de carteis, avisos e folletos nas zonas prexudicadas pola histórica saída da Volta a España do próximo luns, ademais de solicitar a colaboración da cidadanía co uso do vehículo. Por iso, aínda que desde a policía local se preparara un plan minucioso para que os cortes sexan o menos molestos posibles, recoméndase o uso da Variante de Marín para os condutores procedentes de Pontevedra, Bueu ou Seixo para entrar ou saír da vila, xa que nesta ocasión ao estar implicada toda a zona portuaria da Praza de España como eixe central da saída, non se poderá habilitar a vía interior do porto.

Anterior XXVIII Trofeo Villa de Marín.

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados