30 abril 2021
O Concello xa ten en marcha os traballos de sinalización das rúas que están englobadas na ZONA 2H,
que son o conxunto de rúas na que as prazas de aparcamento terán un horario limitado a dúas horas,
de luns a venres, de 8.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00, e os sábados de 8.00 a 14.00 horas, e entrará en
vigor o luns.
Tal e como recalcan desde o Concello, a ZONA 2H é gratuíta, non é coma unha zona azul ao uso,
senón que simplemente se fai un control do tempo de estacionamento para garantir a rotación e así
poder facilitar atopar un sitio libre para facer recados e realizar compras na economía local.
Estas son as rúas englobadas:
A Policía Local será a encargada de realizar un control, utilizando o sistema da MCam, que fai unha
lectura das matrículas cando un coche patrulla pasa por unha destas rúas, xeolocalizándoas e
marcando a hora na que aparecen estacionadas para controlar así se ese mesmo vehículo segue no
mesmo sitio pasadas dúas horas.
Esta ZONA 2H é un dos piares do Proxecto MARES (Marín Estacionamento público gratuíto), que se
sostén noutros dous: os aparcadoiros públicos disuasorios e a futura construción dun parking
subterráneo. O obxectivo é trazar unha estratexia integral que permita ter un Marín máis ordenado,
utilizando cada área de estacionamento de xeito racional.
Na web do proxecto (http://www.concellodemarin.es/proxectomares/) pode consultarse máis
información, descargar o PARKING MINUTO que localiza todos os aparcadoiros disuasorios cos
tempos a pé que os separan dos principais puntos da cidade, descargar o plano xeral do casco urbano
coa listaxe de rúas da ZONA 2H e descargar un folleto informativo con todos os datos.
Tamén poden recollerse trípticos e mapas na Policía Local e Nacional, no Concello, na
Biblioteca, no Museo Manuel Torres, nas gasolineiras ou na Finca de Briz.