Os ríos marinenses empezan a limparse para prepararse para o inverno
Limpeza ríos

Os ríos marinenses empezan a limparse para prepararse para o inverno

O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, achegouse ata a contorna do río da Laxe para comprobar o avance desta actuación, que permite que o caudal de auga discorra correctamente e evita problemas de desborde na época de chuvias do inverno.

En total, realizarase unha inversión cercana aos 10.000 euros e actuarase nos da Grela, da Laxe, Lapamán e Castiñeiras, así como nun pequeno treito do Sequelo.

Marín, 08 outubro 2024

A limpeza dos ríos é unha actuación medio ambiental de mantemento que se debe facer todos os anos para poder liberar ao trazado do río da maleza que se acumula e permitirlle ao caudal da auga que discorra sen obstáculos ao longo do cauce.

O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, achegouse ata o Río da Laxe, para comprobar o inicio destes labores, nos que se investirán cerca de 10.000 euros.

Os traballos consistirán na limpeza dos laterais e do propio cauce, triturando a maleza cunha desbrozadora manual de disco. Esta maleza, así como os obxectos e os plásticos que se poidan atopar, serán levados ao vertedoiro.

Os traballos executaranse nas seguintes localizacións:

● Río Lameira: Dende Ponte Zapal ata o Centro de Saúde.
● Regato do río Lameiriña: regato que pasa por detrás do colexio Sequelo.
● Río da Grela: dende a ponte de Coirados ata o lavadoiro da Presa.
● Río da Laxe: dende trinta metros antes da ponte do camiño do Peso ata a parcela detrás do antigo supermercado Mercadona, inclúese corte e recollida de canas do talude do colexio A Laxe.
● Río Lapamán: dende a estrada xeral ata o camiño.
● Río Castiñeiras: dende o lavadoiro de Coirados ao muíño antigo en A Roza.

Tal e como informou o concelleiro de Medio Rural, hoxe xa quedou listo o Río da Laxe e agora procederase co tramo do Río Lameira. Con esta limpeza, que sempre se fai coincidir coa estación outonal, conséguese, ademais, prever posibles problemas de desbordes e de atrancos no leito na época de chuvias do inverno, para evitar que se produzan danos nas zonas poboadas polas que discorren estes ríos.

Anterior As Escolas Deportivas Municipais reciben máis de 900 inscricións

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados