A Praza de Abastos poderá estrear ao longo da próxima semana os novos dous aseos do patio norte. Así o adiantou hoxe a concelleira de Turismo, Cristina Acuña, que afirma que só quedan uns retoques para finalizar a obra da súa instalación.
Esta infraestrutura era unha importante demanda por parte dos praceiros e dos clientes que acoden diariamente ao Mercado, centro neurálxico do comercio de proximidade da vila marinense.
Para conseguir os habitáculos dos aseos, a empresa Dapercons, que é a que está a executar os traballos, pechou parcialmente un dos arcos, creando así un espazo delimitado e dividido simetricamente.
O presuposto global da instalación foi de 14.871,08 euros.