18 maio 2021
O pintor Manuel Torres é o protagonista do novo Pinta con…, a actividade impulsada polo Concello de Marín a través da cal se lle regala un caderno á rapazada de Marín con bosquexos a unha liña e sen pintar dos cadros do artista, para que poidan iniciarse no mundo das cores e da arte pictórica.
A concelleira Itziar Álvarez presentou esta mañá o caderno, aproveitando a actividade do Día dos Museos, que convidou aos nenos e nenas da vila a estrear xa este caderno, no que as obras de Torres van tomando forma da man da creatividade e o enxeño das novas xeracións.
O caderno irase repartindo entre o alumnado que de aquí a final de curso veña coñecer o Museo da man dos seus centros educativos, “aínda que tamén o repartiremos entre os nenos e nenas que veñan visitarnos pola súa propia iniciativa ou da súa familia”.
Para a concelleira, este caderno supón unha oportunidade para achegar a obra de Torres aos máis pequenos, “para que comprendan a trascendencia da súa creación e para que se acheguen á pintura, como unha actividade cultural apaixoante, a través da súa propia creatividade”.