3 maio 2021
A festa dos Maios enche de cor e de ledicia a entrada deste mes nas nosas vidas. Para aproveitar as creacións tanto de maios coma de embarcacións que realizaron os centros educativos e diversas asociacións, estes leváronse ao Multiusos da Praza de Abastos.
Desde o Concello, queren agradecer ao Ateneo Santa Cecilia e aos participantes a súa implicación con esta festa.
Ademais, o Museo Torres acollerá hasta o sábado a mostra de maios da artista Cristina Barreiro.