Os centros educativos de Marín contarán co seu propio “banco da igualdade” cun lema en defensa da muller

Os centros educativos de Marín contarán co seu propio “banco da igualdade” cun lema en defensa da muller

10 decembro 2020

A colaboración cos centros educativos para fortalecer unha educación en igualdade e conmemorar o Día da Muller, o 8M, é unha das liñas nas que máis énfase pon o Concello de Marín, a través do CIM.

Dentro das actividades que está a organizar no marco deste día a Concellaría de Benestar Social, impúlsase unha que reflicte de maneira simbólica o labor dos centros como axentes socializadores de xénero, “de suma importancia na consecución do principio de igualdade entre mulleres e homes”, aseguran fontes do Concello.

O obxectivo é que o alumnado cre un lema inspirador en positivo sobre a igualdade de xénero. Este lema quedará plasmado de forma permanente nun dos “bancos da igualdade”, que serán doados aos centros educativos e que imitarán a estética do que se creou para a conmemoración do 25N, serigrafiado cunha frase sacada dunha carta dunha vítima de violencia machista de Marín.

O lema será propio de cada centro e representará o constante compromiso que ten a comunidade educativa de Marín coa educación en igualdade. Así, o centro decidirá onde poñer o banco dentro do recinto escolar, para que sexa unha intervención chamativa para o alumnado.

Os centros que queiran participar terán de prazo para enviar as súas propostas ata o venres 19 de febreiro. Para máis información, poden dirixirse ao CIM a través do teléfono 986 891 802 ou no enderezo electrónico: cim.marin@concellodemarin.es.

 

 

Anterior O Paseo Alcalde Blanco avanza na súa conversión dun espazo urbano moderno, sostible e integrado co mar

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados