A figura de Gago de Mendoza marcou a historia de Marín e por iso o Concello ten como
obxectivo promover a súa difusión entre a rapazada marinense. Despois de realizar unha
banda deseñada ca historia da figura de Mendoza, en colaboración ca Deputación de
Pontevedra, agora o Concello impulsa unhas visitas teatralizadas ao centros educativos
de Marín.
Estas visitas faranse con cargo á subvención para a dinamización lingüística do ente
provincial e servirán para explicarlle aos rapaces e rapazas, de maneira amena e didáctica,
o papel que tivo Gago de Mendoza na liberación da vila en 1809 durante a Guerra da
Independencia Española.
As visitas serán nos seguintes centros e datas:
Martes, 10 de decembro
10.30 horas – EEI Nosa Señora do Carmen
12.00 horas – EEI O grupo
Mércores, 11 de decembro
10.30 horas – CPR La Inmaculada
Luns, 16 de decembro
10.00 horas – CPR San Narciso
12.30 horas – CEIP Sequelo
Martes, 17 de decembro
10.00 horas – CEIP A Lace
11.30 horas – CEIP do Carballal
Mércores, 18 de decembro
10.30 horas – CEIP Seixo
12.00 horas – CEIP de Ardán