Os campamentos de verán continúan para facilitar a conciliación e fomentar o lecer da rapazada

Os campamentos de verán continúan para facilitar a conciliación e fomentar o lecer da rapazada

13 xullo 2021

 Os rapaces e rapazas que iniciaron a súa quenda o 1 de xullo nos campamentos de conciliación de verán do Concello de Marín terán que ir despedíndose para deixar paso aos participantes na segunda quincena e aos que inicien a súa andaina en Mogor.

O día 15 clausurarase esta primeira quenda de campamentos, organizados pola Consellería de Benestar Social, e que por primeiro ano se desenvolveron no CEIP da Laxe, un espazo no que os nenos e nenas gozaron de actividades de ocio, diversión, inglés…

De cara ao mes de agosto, celebrarase unha reunión coas familias o 28 de xullo, na Biblioteca, coa seguinte distribución horaria:

20.00 h – 1º quincena de agosto

20.45 h – 2º quincena de agosto

21.30 h – Seixo

 

 

Anterior Aprobado definitivamente o estudo detalle do proxecto do Auditorio

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados