Os alumnos comenzaron a súa visita visitando a exposición que con motivo do 8 de marzo, o museo pedagoxico prestou o Concello, que reproduce unha aula antiga.
Logo visitaron o salón de plenos, sentándose nos sillons ocupados normalmente polos concelleiros. Ali foron saudados pola Alcaldesa e pola concelleira de Educación.
Non escatimaron peticións a Alcaldesa cando lles preguntou que farían eles en Marín, dende ampliar as canchas situadas trala parada do bus, mais tendas de chuches, un parque infantil todo de “algodón de azucar”, ou unha estatua de Cristiano Ronaldo… a Alcaldesa pediulles que fixeran as súas peticións por escrito, pero que máis que do xogador madridista, ela, se poidese, a poñería de Hugo Mallo, o xogador marinense que xoga no Celta de Vigo.