Obradoiro de novas tecnoloxías organizado polo Centro de Día de Marín

Obradoiro de novas tecnoloxías organizado polo Centro de Día de Marín

O Centro de Atención a Persoas Maiores de Marín realizará un obradoiro de achegamento as novas tecnoloxías aberto ao público dende o mércores 22 de xaneiro ata o 9 de abril de 2025.

O Centro de Atención a Persoas Maiores de Marín, pertencente á Rede de centros de maiores da Xunta de Galicia, realizará dende o vindeiro mércores 22 de xaneiro ata o 9 de abril de 2025 un obradoiro de Achegamento as Novas Tecnoloxías en horario de mañá, dende as 11:00h ata as 12:00h, na Aula Cemit da Biblioteca Municipal de Marín.

O obxectivo deste obradoiro é ofrecerlle á comunidade os nosos servizos e contribuír no benestar social das persoas maiores do municipio. Con este obradoiro pretendemos brindar apoio ás persoas maiores no uso das novas tecnoloxías para que poidan desenvolverse na súa vida diaria e sexan coñecedores tanto das utilidades e beneficios como dos perigos e limitacións do seu uso.

A dirección da Aula Cemit na Biblioteca Municpal é a seguinte: Avenida de Ourense, 8 (Marín).

O teléfono de contacto para anotarse é o seguinte: 636 578 034 (é preciso chamar ou mandar unha mensaxe para anotarse).

cartel obradoiro novas tecnoloxia MARIN
Anterior O Concello de Marín traballa nun Plan de Actuación para concorrer aos novos fondos FEDER da UE e conseguir ata un máximo de 15 millóns de euros

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados