Esta rúa de Seixo estaba interrompida por unha edificación e producía problemas e perigosidade para os peóns. A actuación estaba incluída no PMUS
Marín, 06 febreiro 2025
O Concello de Marín, a través da Brigada Municipal de Obras, vén de acometer unha das actuacións de mellora da mobilidade e a accesibilidade incluídas no Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) na parroquia de Seixo: a ampliación da beirarrúa na Rúa Don Ramón Pintos Lusquiños.
Tal e como expplicou o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, “executamos un tramo de beirarrúa onde había un cebreado co fin de darlle continuidade á que xa existía, dado que atopábase interrompida por unha edificación, evitando así que os peóns teñan que baixar á calzada”.
A actuación non afectou aos carrís de circulación nin ao estacionamento existente na devandita rúa, pero si mellora enormemente o tránsito peonil.