O I Concurso de Decoración de Nadal xa rematou coas súas inscricións. Esta mañá, o xurado que se encargará de decidir os gañadores nas tres categorías mantivo unha primeira reunión de traballo, para facer un primeiro cribado coas fotografías enviadas polos participantes.
O xurado asegura que hai “un moi alto nivel en todas as categorías”, o que fixo difícil escoller aos finalistas de cada unha das categorías. As decoracións destes finalistas serán visitadas de xeito presencial polo xurado para poder despois facer un veredicto final e ditaminar quen son os gañadores ou gañadoras das distintas categorías.
Estas son as cifras de participación e de finalistas que quedan en cada categoría:
- Vivendas unifamiliares: 26 candidaturas e 6 finalistas
- Ventá e balcón: 23 candidaturas e 4 finalistas
- Comunidades de veciños: 10 candidaturas e 6 finalistas
- Hostalaría: 3 candidaturas, todas finalistas
- Comercio: 42 candidaturas e 10 finalistas
O fallo do xurado poderá coñecerse o 28 de decembro. O Concello quere agradecer a todos os participantes a súa colaboración nesta iniciativa, coa que se quixo englobar a todos os sectores da sociedade para crear ese ambiente de Nadal que tanto precisamos este ano.