O venres reabrirán os locais municipais e deixará de ser obrigatoria a cita previa no Concello e na Biblioteca

O venres reabrirán os locais municipais e deixará de ser obrigatoria a cita previa no Concello e na Biblioteca

29 setembro 2021

 A partir do 1 de outubro, volve a actividade nos locais municipais dependentes do Concello de Marín, para os que se elaborou un protocolo de acceso e de utilización para que se cumpra, en todo momento, coa normativa vixente a nivel sanitario.

Os espazos que están suxeitos ao protocolo son o Parque Azul de Cantodarea, a antiga Aula de Música, os salóns da Finca de Briz, o local social da Cañota, a antiga Cámara Agraria, as Casas de Cultura de Seixo e Mogor e os salóns de Méndez Núñez.

O uso destas instalacións está dirixido ás asociacións e entidades sociais e culturais que están censadas no Rexistro Municipal de Entidades do municipio de Marín.

Na páxina web do Concello pódese descargar o protocolo relativo ao uso das instalacións municipais, no que se poden atopar ademais os anexos que se deben presentar para poder acceder ás mesmas.

 Fin da obligatoriedade na cita previa

Por outra banda, a partir do día 1 tamén rematará a obligatoriedade de solicitar cita previa para vir realizar trámites nos departamentos de Rexistro, Tesourería e no Padrón. Así a todo, aínda que xa non será obligatorio, o bo funcionamento que deu o sistema motiva o seu mantemento para aquelas persoas que queiran seguir utilizándoo.

No que respecta ás consultas cos departamentos técnicos si será preciso pedir cita, tal e como xa se viña facendo antes da chegada da pandemia.

Esta fin da obrigación da cita previa estenderase tamén para a Biblioteca Pública Vidal Pazos, na que se poderá acceder ao préstamo con normalidade e que a partir do venres recuperará o seu horario habitual, de 09.00 a 21.00 horas.

Anterior Avanza o expediente para nomear fillo predilecto a Blanco Freijeiro

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados