O Concello de Marín presentou esta mañá o programa da edición deste ano do festival Son de Marín, que terá lugar en diferentes puntos da vila os vindeiros 30 e 31 de xullo e 1 de agosto.
Os concertos deste ano serán de pequeno formato, con limitacións de aforo en certos lugares, para cumprir as medidas de seguridade e hixiene necesarias debido a crise da Covid19.
Este festival comezará o vindeiro xoves 30 de xullo na Praza Casa da Cultura de Seixo, a partires das 21:00, coas actuacións dos acordeonistas Manolo e Ramón ademais do solista Eusebio. Tamén haberá as actuacións de Lía ao violín e do grupo Arte & Maña.
O venres 31 terá lugar a IV edición do Marín Canta con Saljariteir@s a partir das 21:30 no Parque Eguren, con aforo limitado. Para o sábado 1 de agosto haberá actuacións en diferentes rúas e prazas da vila dende a maña. As 11:30 terá lugar un pasarrúas por parte da Batucada Os da Caña, Os Chaneiros e Os de Marín. As 12:30 teremos os concertos de Breaking Bones na praza 8 de Marzo e de Os Palleta Mollada na rúa Méndez Núñez mentres que no palco da Alameda Rosalía de Castro estará o grupo Rever a partir da 13:00. Á noite no palco da Alameda estará actuando o dúo Top Legens a partir das 21:00, e na rúa Serafín Tobío contaremos co grupo Chroma que empezará as 23:30. No Parque Eguren terá lugar, a partir das 20:30, a homenaxe a John Balan que contará con diferentes proxeccións e será presentado por Julio Santos Pena. Ademais, a partir das 21:30, estará neste mesmo recinto Cé Orquesta Pantasma e o rematar, as 22:30, Ricardo Parada. Todas estas actuacións no Parque Eguren terán aforo limitado para cumprir coas medidas de hixiene e seguridade necesarias.