O San Migheleiro convertirá á vila marinense nunha festa o día 28 de setembro

O San Migheleiro convertirá á vila marinense nunha festa o día 28 de setembro

Un ano máis, a vila marinense prepárase para celebrar o San Migheleiro, unha festa pensada para vivir nas rúas e nos bares do municipio e que se celebrará o próximo 28 de setembro durante todo o día.
O Patonatro fixo público o cartel desta nova edición, que xa é a vixésimo novena, e a lista provisional dos establecementos que conformarán os cinco tramos da ruta que se fan este ano:
Vente al Migheleiro, Pepe: Thálavo, Coyote, Vinoteca Agustín, Bar Miño, As Dunas, Tapería do Moucho, O Rincón de Juansito, Klee, Atalaya, O Pilaro, Nao, O Rural, Mask e Ítaca.
La Alameda del Señoríítoo: Aroma, Alameda, Carballinés, La Favorita, Nova Xeitosa, Delicias, Real, Acuña, A Devesa e Café Lelé.
No, hija, no!: K-Nobbe, La Huerta de la Abuela, Construmar, Freixo, Manhattan, Royalty, Pato Donald e Deluxcoffe Gin Cóctel.
No te quieres enterar, Ye…Ye…: Polymnia, La Guinda, Emily, O Busto e Xainza.
Un admirador, un esclavo, un migheleiro, un siervo…: Boa Mestura, Underground, El Cortijo, Naval, As Vides e In Mare Copas.
En canto á animación musical, haberá charangas e batucadas durante todo o día. A primeira actuación será a da Charanga Noroeste, de 12.00 a 13.30 horas, que pasará por diante de cada un dos locais da primeira ruta.
A Praza da Capirota acollerá despois, de 13.00 a 14.30 horas, o concerto de Iván e Mery, e entre as 14.00 e as 15.30 horas haberá batucada de Os da Caña por diante dos establecementos da zona da Alameda.
Xa pola tarde, de 17.00 a 18.30 horas, tocará a Charanga Noroeste, seguindo o mesmo percorrido que a ruta No, hija, no! Os da Caña volverán animar o ambiente de 18.30 a 20.30 por diante dos locais Polymnia, La Guinda, Emily, O Busto, Xaínza, Boa Mestura, Underground e El Cortijo.
Unha vez remate esta agrupación, collerán o relevo Os Jalácticos, que tocarán ata as 22.00 horas, fronte ao Naval, As Vides e O In Mare, para baixar finalmente cara a Alameda.
Terapia de Grupo ofrecerá un concerto a partir das 22.00 horas en Ezequiel Massoni e Chroma será a banda encargada de pechar a programación musical ás 00.00 horas, na Alameda.
O Concello de Marín, que colabora co Patonatro, anima a todos os bares que aínda non formalizaran a súa adhesión á ruta a poñerse en contacto con eles ou cos organizadores, para poder pechar a lista definitiva de establecementos participantes.
Finalmente, anima a todos os marinenses e visitantes a que collan unha camiseta a raias e un gorro de palla e veñan desfrutar dunha xornada festiva en Marín.

Unha festa igualitaria, segura e ecolóxica
A Concellaría de Medio Ambiente, consciente do nivel de residuos que xera o San Migheleiro, instalará na Alameda, en horario de 11.00 a 15.00 horas, unha carpa na que dous monitores ofrecerán información á cidadanía sobre como separar correctamente os refugallos e farán entrega de bolsas de tea a quen así llo solicite. Esta iniciativa faise dentro da campaña Separar Con Xeito da Xunta de Galicia.
Por outra banda, tamén se colocará na Alameda a Caravana Morada, un punto de referencia para garantir unha festa igualitaria, libre e segura. Entre os servizos que ofrecerá a caravana destaca o acompañamento, a atención psicolóxica e a canalización de denuncias de comportamentos inapropiados que se poidan dar durante a festa.
Calquera rapaza ou rapaz da provincia de máis de 16 anos pode participar como voluntario na caravana. Para iso, é obrigatorio pasar antes por unha formación en cuestións de xénero, na que se lles ensinarán aos voluntarios os protocolos de prevención e actuación ante unha agresión machista. É necesario inscribirse previamente, enviando un mail a caravanamorada@gmail.com.

Anterior O Lago de Castiñeiras garante a súa eficacia como punto de recollida de auga en emerxencias

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados