O Samaín Briz mantén a súa celebración e promete ser unha noite de terror familiar inesquecible

O Samaín Briz mantén a súa celebración e promete ser unha noite de terror familiar inesquecible

O Concello informou hoxe a mañá que se mantén a convocatoria do Samaín Briz para mañá, a pesar de que a previsión do tempo sexa un pouca incerta, polo que o Parque dos Sentidos se converterá nun parque temático do terror e da diversión, ao que está previsto que asistan preto de 2.000 persoas de diversos puntos de Galicia.
Despois do éxito colleitado o ano pasado, o Concello, xunto cos outros dous organizadores, a Fundación Juan XXIII e a Comparsa Os da Caña, quere repetir a experiencia e incluso mellorala, coidando cada detalle ao máximo. Desde onte, o parque xa empeza a lucir algúns detalles da decoración que se colocará polas distintas áreas da finca, que abrirá as súas portas a partir das 18.30 horas.
Con respecto aos elementos ornamentais, o Concello avisa de que se chove non se poñerán en funcionamento aqueles que teñan algún mecanismo eléctrico, coa fin de garantir en todo momento a seguridade. Nese caso, eses elementos que poderían ter movemento, simplemente quedarán como decoración fixa.
Coa fin de impulsar esta inmersión total nunha festa do terror típica do Samaín, o Concello anima a todos os que vaian acudir a disfrazarse.
Por outra banda, o Concello lembra que durante o día de mañá haberá cortes puntuais na iluminación pública para poder conseguir a escuridade que precisan as camiñadas de terror e de espanto.
Acceso libre e tickets para as camiñadas
As portas da Finca de Briz abrirán a partir das 18.30 horas. O acceso á festa é totalmente libre, sen necesidade de sacar unha entrada. Para o que si será necesario recoller un ticket é para participar tanto nas camiñadas de espanto, pensadas para principiantes, e para as de terror, que son para os máis valentes.
Xa a partir das 18.00 horas, comezarán a despacharse tickets entre as persoas que estean facendo cola ás portas de Briz. Unha vez dentro do recinto, seguirán entregándose por estricto orde de chegada na entrada principal do parque.
Ambas rutas, que se organizarán en grupos, repetiranse cada cinco minutos, de maneira ininterrumpida, de 19.00 a 21.00, no caso das de espanto, e de 19.00 a 00.00 no caso das de terror.

Aparcadoiros para o día da festa
Os organizadores son conscientes de que a afluencia de xente vai ser elevada, polo que o Concello traballou na elaboración dun plan de aparcadoiro específico. As parcelas de estacionamento disuasorias que poderán utilizar os que veñan ata Marín en coche son as seguintes:
Parcela de Ponte Zapal, a máis cercana á finca
Zona de Praza de España
Parcela da Rúa Inferniño
Parcela da Rúa República Arxentina
Parcela de Concepción Arenal
Parcela de Rúa Sagrada Familia
Ademais, a Rúa Exército e Mariña, que bordea á Praza de Abastos, estará habilitada en dirección única descendente, tal e como se fai nos días de Mercadiño, polo que haberá posibilidade de estacionar en toda a marxe esquerda do viario.
Finalmente, tamén estará aberto o aparcadoiro do IES Chan do Monte, desde o que se pode acceder facilmente á Finca de Briz, e incluso pódese aproveitar para estacionar o viario de Praias, que tamén está preto da finca.
A pesar destas facilidades, o Concello recomenda a todo o que poida que chegue a pé ou utilizando o transporte público.

Anterior O CEIP de Ardán conmemora o seu 30 aniversario

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados