A festa de Samaín Briz é un dos eventos festivos que máis creceron nos últimos anos e poñen á nosa Finca de Briz no mapa do Halloween. O seu éxito pode medirse facilmente polo número de asistentes da última edición, que superou as
3.000 persoas.
Por iso, desde a Concellaría de Festas xa están coa preparación dunha nova edición, que volverá ser na tarde-noite do 31 de outubro e que volver. Hoxe, as concelleiras Marián Sanmartín e Itziar Álvarez mantuvieron unha reunión presencial na Finca cos colectivos que participan na súa organización: a Fundación Juan XXIII, Os Da Caña, o Club Deportivo La Peña e o Ciclo Superior de Ensinanza e Animación Sociodeportiva (TSEAS) do CEI San Narciso.
Estas entidades son as que se encargan de ambientar toda a finca, así como de organizar as rutas do medo que tanto éxito colleitan entre os visitantes, pero tal e como anunciou hoxe Sanmartín, “queremos involucrar a toda a sociedade
marinense e ás nosas entidades locais na festa”, polo que abrirase un período no que todas as entidades que queiran participar da festa e colaborar poderán facelo. Do mesmo xeito, abrirase a posibilidade de participar como persoal voluntario a todas aquelas persoas que queiran.
Para facelo, será preciso mandar un email a alcaldia@concellodemarin.es indicando nome e apelidos, nome da asociación no caso de que se trate dun colectivo, teléfono de contacto e forma na que cren que poderían axudar (con persoal voluntario para o propio día do evento, poñendo un posto de comida ou bebida, preparando unha estación con decoración de terror…).
O prazo máximo para enviar o email será o 1 de outubro, para que o Concello despois poida filtrar todas as propostas que se reciban e despois contactar e coordinar todas as tarefas.
Unha edición que promete ser un éxito total
Sanmartín cre que “de novo este ano seremos o epicentro do Samaín en Galicia” e para iso estas semanas haberá reunións constantes para coordinar todo o que se fará na finca. As rutas volverán ser protagonistas do evento, pero non só: haberá animación, decoración, zona infantil… e outras moitas sorpresas.
O obxectivo é facer unha coordinación total para evitar, na medida do posible, que haxa moitas colas de espera e sobre todo medir ao detalle todo o que ten que ver coa prevención de riscos e seguridade.