O reparto dos rosais pola campaña de Marín en Rede deixa un impacto económico na vila de 32.000 euros

O reparto dos rosais pola campaña de Marín en Rede deixa un impacto económico na vila de 32.000 euros

26 abril 2021

O reparto de rosais derivado da campaña “Chega a primavera a Marín en Rede” desenvolveuse durante esta fin de semana na Oficina de Turismo da Praza de España e, segundo os tickest recompliados que foron canxeados polas prantas, os marinenses realizaron un gasto de case 32.000 euros na economía local.

Desde o Concello afirman que se tratou dunha boa campaña para visibilizar a importancia de mercar e apoiar ao noso, tratando de axudar, facendo rede, a aqueles que teñen comercios, locais e negocios na nosa localidade.

En total, repartíronse case 700 rosais durante os tres días que durou o reparto. Dado o bo funcionamento, o Concello non descarta seguir facendo campañas similares ao longo do ano que permitan incentivar o consumo directo nos establecementos adheridos a Marín en Rede.

 

Anterior Marín achegará á comunidade educativa a realidade da comunidade xorda e a aprendizaxe da lingua de signos

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados