O proxecto Signar comeza con éxito os primeiros obradoiros de lingua de signos nos centros educativos

O proxecto Signar comeza con éxito os primeiros obradoiros de lingua de signos nos centros educativos

11 maio 2021

Coñecer e comprender a lingua de signos achéganos á realidade da comunidade de persoas xordas e supón unha importantísima ferramenta de inclusión. Por iso, a totalidade dos centros educativos de Marín adheríronse con moitísimo interese ao proxecto Signar, impulsado polo colectivo En Lingua de Signos (ELDS) e financiada polo Concello.

Tal e como explicou unha das membros do colectivo que participou nas primeiras sesións cos rapaces de 4º da ESO do IES Mestre Landín, “os obradoiros están a resultar moi ben. O alumnado participou e preguntou as súas dúbidas”.

De aquí a final de curso estarán impartindo estes obradoiros en todos los grupos dos centros que así o desexen, co obxectivo de ensinar máis sobre a lingua de signos para que a mocidade entenda esta realidade e poida ter unhas bases de comunicación.

Desde o Concello, apúntase tamén ao “éxito” desta iniciativa, que supón un paso adiante no traballo de inclusión e de educación en valores que se promove desde o ensino público marinense.

Anterior Marín volve conseguir o distintivo de Bandeira Azul para todos os seus grandes areais

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados