O concelleiro de facenda Manuel Santos presentou ao pleno da Corporación pedindo o apoio ao documento de Presupostos para este ano.
Explicou que se contén toda a documentación obrigatoria e os seus anexos para poder ser aprobados.
Previamente estiveron precedidas de 3 reunións coa mesa de negociación onde se chegaron a varios puntos de acordo.
Conteñen os informes favorables de intervención, informe de cumprimento do obxetivo de estabilidade orzamentaria, regra de gasto e límite de deuda e un terceiro informe para a aprobación do límite de gasto non financieiro.
En conxunto o orzamento que se presenta, ascende a cantidade de 13.529.069,20€ o que supón un incremento do 0,55% en relación cos 13.454.474,25 € do último orzamento aprobado. Polo tanto o orzamento se incrementa en aproximadamente 75.000.-€.
Apoio a entidades deportivas, culturais e sociais.-
As transferencias correntes ascende o importe a 263.278,60 €, o que supón case o 2% do orzamento, e van destinadas en liña cos anos anteriores, a diferentes subvencións tanto a clubes deportivos por un importe de 102.000.-.-€, a unhas subvenións nominativas a entidades sociais, culturais e comerciais en liña con anos anteriores.
Veñen reflectidas varias aportacións a convenios con outras administración como ao Consorcio Galego de Servicios de Igualdade e Benestar en relación as nosas escolas Infantís da Galiña Azul.
Con cargo ao Remanente de tesourería positivo se levarán a cabo os proxectos e as obras que xa foron aprobados en Pleno e que están agora mesmo en tramitación.
Pavimentación da Praza Pública de Cantodarea ( Ponteporto ), que asciende a 237,183 . Adxudicadas.
Reforma da Casa do Mar donde aportamos 100.000.-€ para reconvertila en Centro de Día, que se completará coa aportación de otros 200.000.-€ a través do convenio co Consorcio Galego de Servicios de Igualdade e de Benestar da Xunta de Galicia. Adxudicadas.
E os outros proxectos que están en trámite de licitación nos referimos a:
Colector de augas residuais entre os núcleos de Pastoriza e Picotes, por un importe de case 200.000.-€.
Rede de abastecemento no núcleo de Bexe, con un importe de 161.962.-€.
Demolición do edificio do mercado e acondicionamento do solar na rúa Concepción Arenal en Cantodarea, cun importe de 138.230€.
Adaptación da planta baixa e semisoto do Liceo Casino. cuio importe de execución ascende a 376.965.-€, para destinalo a actividas de ocio xuvenil e a arquivo municipal.
6 proxectos con fondos propios do concello con cargo aos remanentes de tesorería, por 1.215.000.-€.
A todas estas inversión se suman os proxectos que se están executando coas aportacións e subvencións tanto da Xunta de Galicia, a Deputación provincial de Pontevedra e os Fondos Dusi.
Levarase a aprobación o proxecto do Centro Socio-Cultural por importe de máis de 4.300.000.-€, donde aprobaráse un préstamo financieiro por un importe cercano aos 900.000.-€ para poder asumir a aportación municipal, que se completaría con Fondos europeos, e coa aportación de 2 millóns de euros de acordo co convenio firmado coa Xunta de Galicia.
Manuel Santos reiterou que é un orzamento para intentar mellorar a nosa cidade en todos os aspectos, tratando de prestar maiores y mellores servicios, cunha mellor xestión e optimizando os recursos dos que dispoñemos e conxelando un ano máis as tasas e impostos municipais.