O novo colector da Avenida de Ourense xa está en funcionamento

O novo colector da Avenida de Ourense xa está en funcionamento

14 xaneiro 2021

O novo colector da Avenida de Ourense xa se atopa en funcionamento. Esta foi unha obra de saneamento imprescindible, que mellorará o ecosistema da ría de Pontevedra. A súa execución estivo incluída nun convenio firmado entre o Concello e a Xunta de Galicia, a través do organismo Augas de Galicia, e supuxo unha inversión de 1.802.130,15 euros.

Segundo explicou a concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, a empresa executora da obra, Copcisa, rematou coa fase final da obra retirando as bombas que se atopaban na Estación da Lonxa, dentro do recinto portuario. Esa estación queda xa oficialmente clausurada e a partir deste momento o saneamento funciona a través do novo colector.

 

Marín Dusi, unha humanización integral

Nestes momentos, a Avenida de Ourense está en plena transformación. Esta humanización forma parte da estratexia Marín Dusi e xa leva parte da súa execución avanzada.

O proxecto contempla diferentes distribucións do espazo urbano. Nun primeiro tramo, co inicio en Cantodarea, estase a habilitar unha beirarrúa de 2 metros de ancho, unha senda peonil de 3,5 metros e o carril bici, de 3 metros.

Despois haberá unha vía coexistente para os peóns e o carril de 3 metros de ancho en total e finalmente, entre o Concello e a Praza de España, o espazo distribuirase en 3 metros de beirarrúa e 2,5 metros destinado ao carril das bicicletas.

“Trátase dunha humanización integral coa que conseguiremos unha Avenida de Ourense cómoda e sostible para todos”, declara a alcaldesa, María Ramallo. Tamén para o medio ambiente, xa que foi adxudicado un lote específico para a renovación de todo o alumeado, que pasará ter tecnoloxía LED, o que redundará nun importante aforro enerxético.

 

Anterior O Concello seguirá traballando en dotar de aparcadoiros disuasorios á veciñanza

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados