O Nadal no Museo Municipal será máis ca nunca como o imaxinaba o noso pintor Manuel Torres

O Nadal no Museo Municipal será máis ca nunca como o imaxinaba o noso pintor Manuel Torres

Toda a nosa vila está a prepararse para recibir o Nadal, unha época especial, familiar e que este ano terá que ser de pequenas celebracións, de intimidade e, sobre todo, de moita responsabilidade.

Algunhas actividades seguras que se poden levar a cabo a pesar das restricións son as que teñen que ver coa cultura. O noso Museo Manuel Torres conta con todas as medidas de seguridade para poder gozar dunha visita ao espazo con todas as garantías.

E de cara ao Nadal a concelleira Itziar Álvarez anuncia que se está a preparar unha exposición temática do noso pintor máis afamado e que lle da nome ao Museo sobre as súas creacións asociadas co Nadal.

“A partir do 1 de decembro poderemos ver oito bocetos, algúns sobre papel branco e outros sobre papel de xornal, nos que Torres pintou motivos bíblicos relacionados co Nadal”, explica a concelleira.

Ademais, tamén se exporá un exemplar dun número especial do xornal El Pueblo, do ano 1943, que ten portada de Lugrís e no que Torres colaborou, desta vez usando as palabras, cun relato de Nadal.

O Ano Torres terá un peche de ouro

O Ano Torres aínda seguirá conmemorándose no 2021, dado que moitas das actividades previstas para este ano non se puideron levar a cabo debido á situación sanitaria.

Así a todo, o propio 2020 terá un peche de ouro coa exposición ao público do cadro restaurado polo Concello, inédito até o momento, que Torres pintou durante a pandemia de 1918 e que supón unha reprodución da pintura “Los niños comiendo pasteles”, de Murillo.

 

Anterior XIX Xornadas Blanco Freijeiro

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados