O Museo comeza encherse de primavera e tradición cos Maios de Cristina Barreiro

O Museo comeza encherse de primavera e tradición cos Maios de Cristina Barreiro

28 abril 2021
A artista Cristina Barreiro e a concelleira Itziar Álvarez comezaron  a realizar a
montaxe da exposición de maios que se poderá visitar desde o sábado, 1 de maio, ata o día 8.
Durante eses oito días, os que visiten o centro museístico poderán gozar da arte, do traballo e
da imaxinación e tradición de Cristina, cunha mostra de máis de 20 maios en pequeno
formato creados por ela mesma.
Esta mostra ten por obxecto manter vivo o espírito dos maios, unha festa popular moi
arraigada no noso municipio. Os maios en Marín teñen unha importante tradición, onde as
embarcacións marcan tamén un punto distintivo propio da nosa vila. Este ano, dadas as
restricións da pandemia, non se pode realizar un acto multitudinario na Alameda coma outros
anos e por iso o Concello aposta por esta exposición de pequeno formato.
Ademais do 20 maios da artista, exporase tamén un natural. Os visitantes poderán levarse a
copla do Maio da Bruxa, con letra de Julio Santos, e estarán expostas as coplas dos anos
1953, 1954 e 1955 e unha sen reamatar do gran defensor desta festa, Manuel Torres, que se
custodia nos fondos do Museo.
O Concello colabora coa Festa dos Maios organizada polo Ateneo, asumindo o gasto dos
premios dados por este aos maios realizados polos colexios e que poderán expoñer as súas
réplicas e os seus barcos, tras a cancelación por motivos sanitarios da festa da Alameda

Anterior O Concello aumenta a recollida de voluminosos e condena os verquidos incontrolados

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados