O Mercadillo de Marín volverá á actividade este xoves só con postos de floraría, prantas e froitas e verduras

O Mercadillo de Marín volverá á actividade este xoves só con postos de floraría, prantas e froitas e verduras

O Mercadillo de Marín comezará de novo a súa actividade este xoves, pero con importantes restricións debido á normativa vixente polo Estado de alarma, que só permite a instalacións de postos que se adiquen á venda de flores, prantas e froitas e verduras.

Con estas restricións, o número de postos que cumpren con este tipo de artigos xa é inferior ao 25% máximo que esixe a Fase 1 de desescalada, na que se atopa a nosa comunidade, e tamén permite que se dea a distancia física requerida entre eles, para evitar que exista aglomeración de xente, que deberá seguir respectando de maneira estrita a distancia de seguridade de 2 metros entre persoas.

Ademais, todos aqueles que acudan ao Mercadillo, igual que se se visitan outros establecementos comerciais ou terrazas, deben cumprir co resto de medidas de prevención e de hixiene persoal para reducir ao máximo o risco de contaxios.

Polo momento, o resto de postos do Mercadillo non están autorizados para instalarse debido ao produto co que comercian, na maioría dos casos, prendas de roupa e calzado.

Anterior Avanzan as obras da segunda fase de Concepción Arenal co fresado do pavimento

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados