O mellor do freestyle galego darase cita na Alameda no marco do I Marín Gaming Fest

O mellor do freestyle galego darase cita na Alameda no marco do I Marín Gaming Fest

14 outubro 2021

O Marín Gaming Fest terá continuación na Alameda de Marín coa celebración dunha nova edición do Best Hit Battles, un evento de batallas de freestyle que fará vibrar coa mellor improvisación urbana á vila o 6 de novembro, a partir da 19.00 horas.

Os concelleiros Hugo González e Antonio Caíña presentaron este evento xunto con Bastián Hermo Buceta, de BhB Galicia, o colectivo organizador, que se enmarcará na celebración do Marín Gaming Fest, afianzando unha fin de semana adicada á poboación moza apaixoada da cultura gamer e urbana.

Segundo explicou Hermo, haberá 32 participantes freestylers que “loitarán” na pelea de galos, “e que son do top de Galicia, destacando incluso algún nome, como o de Le33, que compite en probas tan importantes como as de RedBull”.

Acrox, Hugo, Gabri, Anxo, Jota, Simm, Nantes, R3, Le33, Sozat, Junay, Take, Markest, Berros, Adriano, Azek, Alanbur, Ruvix, Russo, Charly, Galez, Calles, Souk, Tripo, Marck, Frn, Hastro, Pumares, Ykiam, Thork, Perry e Galio completan o cartaz de freestylers.

No evento, o DJ Affair porá a música e os xuíces serán Basti, Hero, Polo, Yosua e Drevil. O speaker será Claudio e D. Campos e Ihria encargaranse da cámara e das fotos.

No caso de que chova, o evento trasladarase a algún sitio cuberto.

Anterior A nova ordenanza de terrazas mellorará a estética do espazo público

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados