25 agosto 2021
O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, acudiu esta mañá até o lugar de Castro, en Seixo, onde acaban de rematar os traballos de renovación e mellora de toda a instalación de alumeado público.
Con esta actuación non só se conseguiu renovar este servizo no lugar, “que se atopaba deteriorado”, senón que permitiu dotar de máis puntos de iluminación á zona. “Con proxectos como esta mellora, igual cas que estamos a realizar noutros puntos do rural, buscamos que a calidade do servizo que temos nas parroquias sexa igual ao do centro urbán, prestando uns servizos públicos de calidade”, explicou o edil.
A empresa encargada da realización do proxecto foi Vilela Electricidad, por un orzamento de 53.529,76 euros, financiado a través dunha baixa do Plan Concellos.
Aforro enerxético
Un dos requisitos na renovación e instalación das novas luminarias foi que as novas bombiñas sexan de tecnoloxía LED. Isto permite que se redunde nun aforro enerxético importante, así como nun mellor coidado do medio ambiente.