O lavadoiro Río de Casás estrea unha nova imaxe

O lavadoiro Río de Casás estrea unha nova imaxe

O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, visitou o recén renovado lavadoiro de Río de Casás, que agora conta cunha nova cuberta e cun entorno reacondicionado para mellorar o aspecto xeral do lavadoiro.

Segundo explicou Novas, o cambio da cuberta viu motivado polo “forte impacto visual que tiña a anterior, xa que os materiais empregados na súa construción non permitían unha boa integración paisaxística”.

Agora, este conxunto etnográfico está moito máis integrado e adecuado ao espazo no que se asenta. A súa revalorización ven da man doutros esforzos que está a realizar o Goberno local, como foi a renovación de toda a sinalización dos lavadoiros da vila. A lista completa dos mesmos é a seguinte:

– Lavadoiro de Pedreiras

– Lavadoiro de Mogor

– Lavadoiro de Redón

– Lavadoiro de Don Pedro

– Lavadoiro da Finca de Briz

– Lavadoiro do Souto

– Lavadoiro do Carregal

– Lavadoiro dos Bravos

– Lavadoiro do Outeiro

– Lavadoiro do Cañoto

– Lavadoiro de Bagüín

– Lavadoiro do Outeiro

– Lavadoiro da Fonte do Castiñeiro

– Lavadoiro de Cidrás

– Lavadoiro da Moreira

– Lavadoiro de Arrabalde

– Lavadoiro de Coirados

– Lavadoiro da Roza

– Lavadoiro de Breasco

– Lavadoiro de Vista Alegre

– Lavadoiro de Pardacuña

– Lavadoiro da Pontiña

– Lavadoiro da Grela

– Lavadoiro da Presa

– Lavadoiro de Aguete

– Lavadoiro de Loira

– Lavadoiro de Espiñeiro

– Lavadoiro de Lodeiro

– Lavadoiro do Gorgullón

– Lavadoiro de Pardavila

– Lavadoiro de Soaxe

– Lavadoiro de Padraín

– Lavadoiro do Falcón

– Lavadoiro do Casal

– Lavadoiro do Pozo

– Lavadoiro de Cruxeiras

– Lavadoiro das Magáns

– Lavadoiro do Río

– Lavadoiro do Picho

– Lavadoiro dos Picotes

– Lavadoiro de Allariz

– Lavadoiro das Preguntas

– Lavadoiro de Esperela

– Lavadoiro de Troncosa

– Lavadoiro das Pesqueiras

– Lavadoiro de Cadrelo

– Lavadoiro do Pereiro

– Lavadoiro de Xarás

– Lavadoiro de Cabodevila

– Lavadoiro de Pastoriza

– Lavadoiro de Rúanova

– Lavadoiro da Pía

Por outra banda, o concelleiro Novas adiantou que se está avanzando na creación dunha páxina web específica para os lavadoiros, con fotos de cada un deles e unha explicación detallada da súa orixe, a súa localización…

Nestes momentos, o equipo que traballa no espazo web atópase en plena documentación, fotografando cada lavadoiro y dotando de contido a cada ficha.

Anterior O Concello insta aos propietarios de parcelas a desbrozalas de cara á época estival

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados