O Goberno Municipal seguirá traballando en coordinación cos centros escolares para garantir aos nenos e nenas o inicio do curso

O Goberno Municipal seguirá traballando en coordinación cos centros escolares para garantir aos nenos e nenas o inicio do curso

O goberno local presentou onte, no Pleno Municipal, unha proposta moción conxunta sobre as medidas a realizar para garantir o inicio do curso académico, engadindo propostas realizadas polos grupos de oposición presentes na corporación municipal. Pese a esta proposta de moción alternativa os grupos municipais non chegaron a un acordo.

Dende o grupo de goberno destácase que o obxectivo era concretar o traballo real necesario no se involucrarían os equipos directivos dos centros, as Ampas e os grupos políticos respecto a acudir aos diferentes centros analizando as circunstancias de cada un, non é o mesmo un centro con matrículas elevadas, centros unicamente de infantil ou de primaria e infantil, centros do rural ou con dispoñibilidade de transporte público.

O inicio do curso académico de maneira presencial é un dos aspectos que máis preocupa ao Goberno Municipal que entende que as decisións sobre o mesmo deben estar consensuadas tanto cos equipos directivos de cada centro coma coas asociacións de nais e pais de cada un deles.

Deixar de lado aos equipos directivos reuníndose tan só coas Ampas para o goberno municipal non é unha medida que pareza moi efectiva e que dea seguridade ás familias.

O goberno municipal non dubida a necesidade de aclarar aspectos entre a administración educativa, as direccións dos centros educativos e a situación sanitaria que se dea en cada momento. Dende a área de educación séguese a traballar na realización das labores de limpeza cumprindo os protocolos.

Para a elaboración destas labores de limpeza dos centros Concello de Marín ten previsto contar coa empresa concesionaria do servizo de limpeza de edificios municipais. Ademais, colaborarase cos conserxes nos centros, mantendo os dispoñibles e reforzando onde sexa necesario.

Neste momento estanse a realizar as obras de reparación e mantemento en todos os centros escolares públicos da vila, sempre en función das necesidades expostas e a capacidade económica do Concello de Marín, tratando de facer un esforzo tanto económico como técnico para que estas melloras estean preparadas para o inicio do curso e os nenos e nenas poidan volver a clase de maneira segura.

Anterior Os prazos de matrícula para a Escola de Música para o curso 2020/2021 comezarán en setembro

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados