O Goberno Municipal aprobou a adxudicación do contrato para o desenvolvemento dunha plataforma de administración dixital

O Goberno Municipal aprobou a adxudicación do contrato para o desenvolvemento dunha plataforma de administración dixital

O Goberno Municipal aprobou en Xunta de Goberno Local a adxudicación do contrato mixto para o desenvolvemento dunha plataforma para unha administración dixital para o Concello de Marín ademais da adquisición de equipamento para a súa correcta implantación.

As medidas a realizar son a posta en marcha dun sistema de soporte da administración dixital do Concello, a adquisición do equipamento para esta cuestión e a adquisición de diferentes sistemas de almacenaxe e servidores.

O Contrato divídese en tres lotes: implantación e posta en marcha do sistema de soporte, a adquisición do equipamento e a adquisición de servidores, almacenamento e backup cun custo total de 285.832,45 € sendo as empresas adxudicatarias GTE Soluciones para o primeiro dos lotes e Internacional Periféricas y Memorias de España para os lotes 2 e 3.

Esta actuación esta cofinanciada nun 80% polos fondos FEDER da Unión Europea  no marco do programa EDUSI Marín 2020.

A estratexia Marín 2020 responde a un modelo que pretende mellorar a calidade urbana e a calidade de vida da poboación marinense e, ao mesmo tempo, a funcionalidade e a organización do sistema urbano da vila.

Estas medidas de mellora da administración dixital do Concello están encadradas no obxectivo da EDUSI Marín 2020 buscando mellorar a competitividade da vila favorecendo a progresiva implantación da Administración electrónica e dos mecanismos de participación e transparencia a través da implantación da e-gobernanza.

Anterior O Concello de Marín realiza labores de limpeza nos aparcadoiros disuasorios

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados