O Espazo Emprendedor colle forza e impulsa tres novos proxectos de emprendemento
O Espazo Emprendedor colle forza e impulsa tres novos proxectos de emprendemento

O Espazo Emprendedor colle forza e impulsa tres novos proxectos de emprendemento

Seguridade alimentaria, inspección de tubaxes e fondos mariños con perspectiva sostible e xestión de clubs deportivos e a súa dixitalización. Eses son os sectores que xa traballan no espazo municipal, que aínda oferta 6 postos máis para aqueles que queren lanzar ao mercado a súa idea

Marín, 18 outubro 2024

O Espazo Emprendedor do Concello de Marín, situado no Parque Azul de Cantodarea, colle forza coa instalación de tres proxectos emprendedores que utilizarán estas dependencias municipais para lanzar as súas ideas de negocio e poder crear sinerxias.

A concelleira de Promoción Económica, Beatriz Rodríguez, visitou o Espazo para dar a benvida a Soraya, de Omil Offshore, unha empresa nacida en Bueu e adicada á venda e mantemento de Sistemas ROV (Vehículos de operación remota) e que no Espazo impulsará o seu novo proxecto de inspección de tuberías e de fondos mariños, “co que buscamos colaborar coas empresas da contorna, pensando naqueles que precisan estudos medioambientais”.

Ademais desta iniciativa de sostibilidade, segue a máis veterana no Espazo, Elena González, unha emprendedora no sector da seguridade alimentaria que xa estaba no Espazo Emprendedor antes de reabrir as bases para poder instalarse nel.

En ambos casos, coinciden as emprendedoras en ter aquí a súa sede é “unha oportunidade” para poder lanzar con máis forza os seus proxectos. Elena asegura que esta nova etapa do Espazo é “moi ilusionante”. Ela atopou nestas oficinas “un sitio no que pode traballar e reunirme con outros emprendedores”. De cara ao futuro próximo, ten pendente “sacar adiante proxectos conxuntos de formación para os negocios do entorno de Marín”.

Pola súa parte, Soraya destaca “todas as facilidades que nos deron para instalarnos aquí. O espazo é perfecto e a ubicación, maravillosa”, especialmente no seu caso, onde a cercanía co sector marítimo é clave para explicar o seu proxecto e poder cerar negocio.

A concelleira asegurou estar “encantada co acollemento que está tendo o Espazo” e adiantou que pronto se incorporará unha nova empresa “adicada á xestión e dixitalización de clubs deportivos”.

Bases para novos proxectos

Desde a Concellaría recordan que existen aínda 6 espazos dispoñibles. A convocatoria, que sempre está aberta, recolle os sequintes requisitos:

● Tipoloxía de empresa:
○ En proxecto: constituídas nun máximo de 3 meses desde a súa instalación no Espazo Emprendedor
○ Novas: que se constitúan no momento de entrada ao Espazo Emprendedor
○ Recentes: cun máximo de dous anos de antigüidade antes da súa instalación no Espazo Emprendedor
● Servizos dispoñibles:
○ Liña telefónica e Internet
○ Zonas comúns, con espazos de reunións e de showcooking
○ Limpeza e mantemento das instalacións
○ Contacto con outras persoas emprendedoras

As bases completas poden consultarse na seguinte ligazón.

Anterior O Concello intensifica o seu traballo para fomentar o emprendemento e a empregabilidade na vila

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados