O escultor Silverio Rivas, autor da figura do Paseo Alcalde Blanco, volve a Marín

O escultor Silverio Rivas, autor da figura do Paseo Alcalde Blanco, volve a Marín

A historia ten que quedar sempre correctamente escrita e cos erros subsanados para que xeración tras xeración poidan seguir manténdose as tradicións e as vivencias. Parte desa filosofía é a que guía o traballo da asociación Xornadas Reencontro coa Historia, que promove Ángel García Carragal, e que levaba tempo con ganas de tocar un tema que precisa dunha rectificación.

Falamos da placa conmemorativa coa que conta a escultura Capela Solis, que se atopa na metade do Paseo Alcalde Blanco. O seu autor, o prestixioso escultor pontecaldelán Silverio Rivas, volveu á nosa vila, onde foi recibido polo propio Carragal, a concelleira Itziar Álvarez e o comisario cultural Antón Sobral.

O obxectivo, tal e como adiantou a concelleira, é a rectificación da data que aparece na placa, 1977, cando debería poñer 1997, ano no que se inaugurou o Paseo. Así a todo, esta data tamén causa confusión, xa que tal e como explica García Carragal, “temo outra placa no paseo que fai referencia ao ano 2003, pero ese foi o ano no que a Corporación Municipal acordou darlle ese nome ao paseo, a petición da APRMH de Marín”.

Capela Solis é unha escultura inspirada na idea dunha porta ou dolmen, elementos maxicos e protectores, “presentes en todas as culturas ancestrais e mitolóxicas. Simboliza a transición, a revelación, o paso cara a un nivel superior de coñecemento”, explicou no seu día o artista.

Agora, renovarase esta placa para poder subsanar este erro histórico e que ninguén teña dúbida de cal é a historia do noso paseo, o que máis une o noso centro co mar.

Anterior Declaración Institucional do Concello de Marín sobre o Día Internaciol contra a Violencia de Xénero

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados