O Día do Libro en Marín: moi quixotesco e con ilustracións de Manuel Torres

O Día do Libro en Marín: moi quixotesco e con ilustracións de Manuel Torres

22 abril 2021

Mañá, venres 23 de abril, celébrase o Día do Libro, unha data na que reivindicar a necesidade da lectura, de seguir zambullíndonos nas letras dos libros, das novelas, dos relatos, da poesía, dos ensaios… para apoiar a cultura, crecer e gozar de historias reais e fantásticas.

A Biblioteca de Marín non é allea á celebración deste día e por iso ten a exposición dun espextacular Don Quixote, encadernado en pel en dous tomos, que forma parte da colección limitada de 350 exemplares editada por Xuntaza Editorial en 1991.

Estes exemplares están ilustrados por pintores galegos de enorme renome, entre os que está o noso artista marinense Manuel Torres. Xunto a él, nomes como Laxeiro, Abelenda, Lodeiro, Conde Corbal e Sucasas.

A concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, recorda que “os libros son bens culturais imprescindibles, que nos acompañaron moito durante a pandemia, un momento especialmente delicado, pero que sempre forman parte das nosas vidas”.

Ademais desta exposición, súmase outra de libros infantís e xuvenís editados nos últimos anos, para que os máis novos tamén teñan interese pola lectura.

Concurso de relatos do Día das Letras Galegas

Por outra banda, a concelleira explicou que xa rematou o prazo para presentarse ao concurso de Narrativa que convocou o Concello para celebrar o Día das Letras Galegas, que se celebra o 17 de maio.

Agora, os manuscritos recibidos están en manos do xurado, que realizará o seu veredicto. Os gañadores serán comunicados o mesmo día das Letras.

Anterior Xa se poden canxear os tickets de compra nos establecementos de Marín en Rede por unha pranta

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados