O Concello xa ten proxecto para mellorar as instalacións da piscina municipal

O Concello xa ten proxecto para mellorar as instalacións da piscina municipal

A posta a punto e mellora das instalacións deportivas municipais é un obxectivo que ten por diante o Goberno local, para poder seguir ofrecendo espazos de calidade nos que tanto o deporte marinense como os afeccionados a el poidan desfrutar ao máximo nivel da súa práctica.

Dentro desta liña, o Concello anunciou esta mañá que xa ten o proxecto listo para levar a cabo unha actuación de mellora e mantemento das instalacións da piscina municipal.

Estes traballos, para os que se está a iniciar o expediente burocrático de cara á súa contratación, suporán intervencións nas distintas partes do inmoble: as fachadas, as cubertas, as estruturas metálicas e o interior dos vestiarios e do ximnasio.

Tal e como se pode ler na memoria do proxecto, “pese a que o estado de conservación xeral é bo, localízanse áreas que requiren atención por envellecemento dos materiais protectores, como é o caso das pinturas, ou por degradación dos materiais de base”.

Dentro do proxecto, ademais, valórase a desmontaxe completa da instalación actual que hai de paneles solares, xa que nestes momentos está obsoleta. Quitarase a estrutura de aluminio e vidro do tellado para repoñela, algo semellante ao que se fará co lucernario que ilumina o graderío da piscina, que tamén está nun estado comprometido.

Asemade, excutarase unha nova cuberta e reirarane todas as mallas metálicas que serven de peche e que non estean en boas condicións. Farase unha luimpeza xeral das fachadas e renovaranse aqueles paneis que así o precisen por presentar deterioros.

No que respecta aos vestuarios, renovarase o pavimento existente e demolerase o falso teito continuo de ferro de escaiola, mentres que no ximnasio tamén se levantará o entarimado de madeira para substituílo por baldosas de gres antideslizantes.

O orzamento que se destinará a este proxecto será cercano aos 420.000 euros, que irán con cargo ao Plan Concellos deste ano, e terá un prazo de execución de 4 meses. Tal e como lembraron desde o Concello, agora, unha vez que se ten o proxecto, é preciso poñer en marcha os pregos de contratación para abrir o proceso de licitación e que as empresas interesadas en concurrir á realización dos traballos presenten as súas ofertas.

Anterior O Vial de Praias ponse a punto coa limpeza de Juan XXIII

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados