22 outubro 2022
A celebración do Marín Gaming Fest deixou un moi bo sabor de boca, tanto entre os organizadores coma nos asistentes. Así o trasladou esta mañá o Goberno local, que fixo un moi bo balance deste evento, que xa se converteu nunha cita obligada no calendario dos afeccionados ao mundo gaming.
De xeito estimado, o Concello calcula que entre os dous días que durou o evento pasaron polo Pavillón da Raña sobre 700 persoas. Ademais, tanto as artistas como os que puxeron postos de venda de produtos relacionados coa temática do Marín Gaming Fest destacaron o bo ambiente que houbo ao longo das dúas xornadas e o amplo abanico de idades que dos asistentes.
Tanto nos torneos como no xogo libre houbo unha moi elevada participación e algunhas das propostas deste ano, como os xogos de mesa ou os xogos “retro” tiveron moi boa aceptación.
Desde o Concello, tamén quixeron poñer en valor a batalla de galos que se levou a cabo no Multiusos da man de BhB Galicia e que congregou aos 32 mellores freestylers do panorama galego actual.
“Consideramos que este evento gañou forza na segunda edición e esperamos poder seguir facéndoo crecer en vindeiras ocasións”, explican fontes municipais, que tamén felicitaron a Gaming Troop polo labor de organización e coordinación que fixeron.