O Concello sorteará varios postos do Mercado de Marín e de Seixo

O Concello sorteará varios postos do Mercado de Marín e de Seixo

O Concello de Marín iniciou os expedientes para recuperar a concesión municipal dunha serie de postos, tanto na Praza de Abastos de Marín coma no Mercado de Seixo, xa que levaban moito tempo sen ter actividade por parte dos actuais beneficiarios da concesión sen ter ningún tipo de causa xustificada.

Deste xeito, o Concello volverá sortear estes postos, que concretamente son dos de carnicería ou alimentación, dous para actividade comercial de diversa índole e un de servizo de bar no Mercado de Marín (o de bar ubicado no Patio Norte). En Seixo, son dous destinados tamén a alimentación ou carnicería.

Para o Concello é unha boa noticia que estes postos volvan ter actividade unha vez se realice o sorteo, xa que son unha fonte de dinamización social e comercial, como toda a actividade que se desenvolve nos mercados de abastos.

Anterior Aprobados ambos proxectos de expropiacións para a humanización do entorno do Mercado de Seixo e para a urbanización da Travesía da República Arxentina

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados