28 xuño 2022
Os concelleiros Marián Sanmartín e Pablo Novas reuníronse recentemente con veciños e veciñas da zona de Pedreiras, onde se está a levar a cabo unha reforma integral coa renovación total dos servizos e da pavimentación.
Tal e como explicaron os edís, trátase dunha obra moi complexa e na que desde o Concello comprenden as incomodidades que supón para a veciñanza da zona, pero a súa execución é fundamental para poder garantir a prestación de servizos públicos de calidade.
Segundo indicaron os responsables da obra, todo o que ten que ver cos servizos (abastecemento, saneamento, pluviais…) xa están instalados. Agora preparará o terreo nas próximas semanas para realizar as pavimentacións, que se farán por panos debido á estreitez da obra e para garantir que en todo momento os peóns poden transitar para entrar nas vivendas.
A previsión é poder ter a obra rematada ao longo do próximo mes. Namentres, tal e como lles trasladaron á veciñanza Novas e Sanmartín, o Concello traballa en acadar financiación para poder seguir coa segunda fase do proxecto, que será Pedreiras de Abaixo, para poder executalo de cara ao 2023.
Nesta primera fase, investíronse 202.464,89 euros, con cargo ao remanente de Tesourería. O custe total da obra ascende a 843.000 euros.