O Concello reúnese coa veciñanza de Fondo do Saco e os corpos de seguridade para abordar a problemática da zona

O Concello reúnese coa veciñanza de Fondo do Saco e os corpos de seguridade para abordar a problemática da zona

A alcaldesa María Ramallo convocou esta semana á veciñanza da zona de Fondo do Saco para unha reunión co xefe da Policía Local e un representante da Policía Nacional para abordar as problemáticas que se están a dar neste punto do casco urbano, nos que se veñen dando problemas pola presenza de persoas que infrinxen normas de comportamento cívico.

Tal e como traslada a veciñanza e como é coñecido tanto polos corpos de seguridade como polo Concello, nesta zona estanse a dar problemas de convivencia entre a veciñanza e persoas que acuden ao entorno a consumir bebidas alcohólicas na rúa, poñer música, ensuciar e, nalgúns casos, causar intimidación e increpación aos veciños e veciñas.

Ramallo escoitou as demandas das comunidades vecinais, que reclaman a posibilidade de aumentar a presenza policial nos momentos centrais do día, algo que xa se ven realizando por parte da Policía Nacional. Tamén se tratará de intensificar os traballos de limpeza e de ornato público da zona para poder manter o caleixón nas mellores condicións de habilitabilidade e seguridade.

Ademais, desde os corpos de seguridade aseguran que se está a condenar de xeito taxante o feito de incumplir a legalidade, xa que non está permitido beber na rúa e que estase facendo un seguemendo exhaustivo de posibles casos de consumo de drogas ou trapicheo.

“Entendemos perfectamente a problemática e a desesperación da veciñanza e seguiremos traballando e facendo todo o posible, coordinándonos coa Policía Local e Nacional para ir atallando esta situación”, expresou a rexedora.

Anterior O Concello aposta pola mellora do acceso universal aos baños das instalacións municipais fronte á instalación de aseos públicos autolimpiables

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados