O Concello reparte material sanitario e de limpeza aos establecementos hosteleiros da zona das praias

O Concello reparte material sanitario e de limpeza aos establecementos hosteleiros da zona das praias

O bo tempo e a época estival permítennos gozar das nosas praias, pero no momento que estamos a vivir debemos facelo con sentidiño, responsabilidade e cumprindo con todas as medidas adoptadas no decreto de nova normalidade derivado da crise sanitaria da Covid19.

Por iso, o Concello de Marín, entre outras tantas medidas, mantén este ano pechados os baños das praias, co obxectivo de evitar que se convirtan en focos de contaxio. Deste xeito, e tal e como explicou esta mañá a concelleira de Turismo, Cristina Acuña, chegouse a un acordo cos establecementos de hostalaría que están nas praias para que os seus aseos sexan de uso público durante este verán tan atípico.

Acuña realizou hoxe o reparto polos bares que colaboran co Concello nesta circunstancia de varios lotes de papel hixiénico, lixivia e produtos desinfectantes, así como un kit de primeiros auxilios para que teñan os establecementos en caso de que pasase algo urxente para atender no horario no que non está o persoal de socorrismo.

Por outra banda, Portocelo, Mogor, Aguete e Loira xa contan cos semáforos físicos que indican o aforo en tempo real de cada praia. Estes semáforos físicos veñen a replicar a información que xa se ven podendo consultar de xeito automático na web do Concello, onde se pode coñecer o estado de cada praia en tempo real e a súa densidade de ocupación por zonas.

Anterior O Concello de Marín asina coa Xunta de Galicia o acordo para a conversión do primeiro andar da Casa do Mar nun Centro de Día

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados