O Concello renovará 78 puntos de luz no casco urbano de Seixo

O Concello renovará 78 puntos de luz no casco urbano de Seixo

6 setembro 2022

O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, anunciou esta mañá que se vén de adxudicar o proxecto de renovación e colocación de novoa puntos de luz do alumeado público no casco urbano de Seixo.

En concreto, actuarase sobre 78 luminarias nas seguintes rúas:
– Camiño Vello, desde a estrada Grupo Escolar a Don Román Pintos Lusquiños
– Estrada do Grupo Escolar
– Rúa María González Rubido
– Estrada da Torre (Seixo de Abaixo)
– Dende a Ponte Guimeráns ata a unión coas Abesadas

Este proxecto é preciso para continuar coa senda de renovación das luminarias de todo o termo municipal para que pasen a ser de tecnoloxía LED.

O contrato será executado pola empresa Elektron SL, e suporá unha inversión de 37.954,02 euros, cofinanciados polo Fondo de Compensación Medio Ambiental, de Vicepresidencia da Xunta de Galicia.

Anterior Volven a Briz os obradoiros de envellecemento activo e o Centro Terapéutico

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados